A cuncha, símbolo de Santiago de Compostela

Conta a lenda que logo de ser decapitado Santiago Apóstolo, o seus discípulos transportaron os restos do santo desde Palestina ata Galiza por mar.

Eses días unha parella de noivos celebraba a súa voda. Parece que a comitiva nupcial transcorría a beira da ría cando distinguiron unha barca á deriva. Cando o noivo viu o naufraxio cabalgou cara ao mar para rescatar aos navegantes. Unha onda xigante arrantrouno cara as profundidades, mais o cabaleiro volveu a terra firme ao mesmo tempo que a barca co sepulcro do apóstolo chegaba á praia. O cabaleiro e o seu cabalo estaban cubertos de cunchas.

Todos os alí presentes atribuíron a milagre da salvación do noivo a Santiago Apóstolo. Deste xeito a imaxe do apóstolo quedou unida a cuncha para sempre.